CRTVG

Buscar

Portugal toma novas medidas restritivas por mor dos brotes, con multas para os incumpridores

Publicado o 23/06/2020 14:49

Portugal toma medidas ante os brotes que se veñen sucedendo na área da capital, Lisboa.

Dende hoxe no distrito de Lisboa non poderá haber concentracións de máis de 10 persoas e multarase a quen non cumpra a normativa, algo novo, porque en toda a crise sanitaria Portugal nunca impuxo sancións de primeiras, si cando se infrinxía unha norma recorrentemente.

Por outro lado, as tendas deberán pechar ás 8 da tarde e os restaurantes só poderán ofrecer ceas máis alá desa hora. Queda tamén prohibida a venda de alcol en estacións de servizo e o seu consumo na vía pública.

Con estas novas normas queren impedir que sobre todo os mozos fagan festas multitudinarias e causen máis brotes, como pasou no Algarve.

No Porto, hoxe non se celebrará a festa máis importante da cidade, o São João. O Concello fixo unha campaña específica para que os portuenses queden na casa, prohibiron concertos e reunións e as praias da volta estarán pechadas desde esta tarde. 

Noticias web

23/06/2020