Portugal tamén tremelica de frío
Publicado o 07/01/2019 14:57
O anticiclón que afecta a península non permite a entrada da chuvia, o que provoca grandes xeadas pola noite tamén en Portugal. Hai 12 distritos con aviso por frío con temperaturas que rozan os menos 5 graos. Esta situación activou os protocolos antixeo das estradas e advertiuse a poboación de que extremen as precaucións ao volante. O frío máis intenso estase a vivir nos concellos máis achegados á fronteira con Ourense pero no Porto, onde tamén está activada a alerta, a sensación térmica é moito menor por mor da humidade. Con vistas á fin de semana, as temperaturas máximas irán baixando tamén, por iso se prevé que o aviso por frío non sexa desactivado nos vindeiros días.