CRTVG

Buscar

Portugal segue pendente do lume e o incendio de Sintra está controlado

Publicado o 08/10/2018 08:26

En Portugal, os bombeiros xa deron por controlado o incendio de Sintra, a 30 quilómetros de Lisboa. O lume obrigou a desaloxar un cámping e varias vivendas. Dezaoito persoas quedaron feridas. Calcúlase que arrasou unhas 600 hectáreas. Parte de Portugal está desde hai uns días en estado de alerta polo risco de incendios, unha situación que se prolongará ata mediados de mes.

Noticias web

08/10/2018