CRTVG

Buscar

Portugal saíu fóra da listaxe de países de rexistro obrigatorio

Publicado o 22/09/2021 15:19

"Se lles poñen problemas aos galegos, estes non viven porque aquí a maior parte de todos son xente galega", comentaba un galego hoxe na feira.

Había tempo que en Valença non se escoitaba falar tanto galego. A feira dos mércores comeza a recuperar os seus clientes favoritos.

"É marabilloso que eles veñan a mercar, nós estamos á espera dos galegos, non dos portugueses. Os galegos son os que veñen perder aquí os cartos", apunta Laura Sousa, feirante.

É por iso que os botaban moito de menos. Viviron meses moi duros.

"Non pagaba a pena vir facer o mercado, non pagaba a pena vir a traballar, sen eles non hai traballo aquí", continúa Laura.

Esta é a primeira feira, despois de moito tempo, en que os galegos que acoden xa non teñen obrigatoriedade de comunicalo á Xunta. Portugal saíu fóra da listaxe de países de rexistro obrigatorio, e iso nótase na afluencia de xente esta mañá.

 

Noticias web

22/09/2021