CRTVG

Buscar

Portugal rexistrou a súa cifra máis alta de contaxios nun día desde o inicio da pandemia

Publicado o 10/10/2020 19:37


Portugal sumou hoxe 1.646 contaxios novos, a cifra máis alta que contabiliza nun só día desde o inicio da pandemia.. Preocupan especialmente os gromos en residencias de anciáns e os que empezan a afectar as universidades. Na de Aveiro, por exemplo, xa detectaron 26 alumnos positivos, 23 deles españois. O Goberno apela á responsabilidade individual e estuda medidas, que poderían incluír a obrigatoriedade das máscaras en espazos públicos.

Noticias web

10/10/2020