CRTVG

Buscar

Fortes baixadas nas cifras da covid en Portugal tras tres semanas de confinamento

Publicado o 08/02/2021 15:36

Tras tres semanas de confinamento xeral, en Portugal houbo estes últimos días unha baixada nunca vista do número de contaxiados diarios. E máis boas noticias, porque baixan tamén os falecidos.

Baixada espectacular. En 8 días pasouse de 12.500 positivos aos 3.500 de onte. O Goberno atribúello ao peche de comercios e hostalería, que se manterá nas vindeiras semanas. O número de falecidos igual, 204. A cifra máis baixa nun mes. O reconto de doentes graves nas UCI tamén vai baixando pouco a pouco, pero a situación segue sendo de catástrofe.

O que fan para evitar pedir máis axuda e ir repartindo na medida do posible os doentes das zonas máis colapsadas, como Lisboa, ata onde hai camas libres, como no norte do país. Ao Porto e a Vila Nova de Gaia chegan doentes diariamente.

Noticias web

08/02/2021