CRTVG

Buscar

Portugal rexistra 600 mortes por frío e gripe durante as dúas semanas de Nadal

Publicado o 12/01/2018 15:22

En Portugal a Dirección Xeral de Saúde detectou un aumento de mortes do 15 por cento durante as dúas semanas do Nadal. As autoridade culpan a gripe e o frío deses días. Alberto.

As autoridades sanitarias levan un rexistro de falecementos que nos últimos anos foi sempre estable con cifras moi semellantes, pero as do pasado Nadal fixeron saltar as alarmas e morreron 600 persoas máis do que se agardaba en comparación co mesmo periodo do ano pasado. É unha cifra alarmante e os medios de comunicación do páis fanse eco do dato. Dende o Instituto Nacional de Saúde sinalan a gripe e as baixas temperaturas que se rexistraron como principais culpables. Foron ducias de doentes que viron as súas enfermidade agravadas co frío e aumentaron máis do habitual os ingresos en hospital por enfermidades respiratorias. A gripe tamén provocou a morte anciáns e cidadáns con doenzas previas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/01/2018