CRTVG

Buscar

Portugal reducirá o sal e o azucre en 2.000 produtos

Publicado o 03/05/2019 16:18

Despois de meses de negociacións, Portugal reducirá o sal e o azucre en 2.000 produtos. Con esta iniciativa queren minimizar o índice de obesidade no país, que alcanzou cifras preocupantes. Tan preocupantes que, segundo a Universidade do Porto, o 60% dos portugueses ou son obesos ou corren risco alto de selo nun futuro.

E no caso dos cativos, agora mesmo case 4 de cada 10 teñen exceso de peso. Hai un par de meses, a Asemblea da República aprobaba unha lei que restrinxía os anuncios de alimentos pouco saudables e agora conseguiron que se rebaixe o sal e o azucre en 2.000 produtos.

Trátase dun acordo coas 7 grandes asociacións de industria alimentaria do país que levou máis dun ano pechar e, segundo informou a dirección do Programa Nacional para Alimencación Saudable, foron precisas case unha vintena de xuntanzas. Foi difícil, di o Goberno, porque as marcas tiñan medo de que os produtos perdesen sabor e, con iso, as vendas.

Noticias web

03/05/2019