CRTVG

Buscar

Portugal reabre o ocio nocturno por primeira vez na pandemia

Publicado o 30/07/2021 21:13

O Goberno portugués xa ten deseñado o plan para o desconfinamento total. Desde o domingo empezará a haber algúns cambios. O ocio nocturno abrirá por primeira vez en toda a pandemia.

Non se esperaba que o executivo luso abrira o ocio nocturno porque sempre dixeron que sería o último que reabrirían, pero engadiuno no último momento. Desde o día 1 de agosto poderán abrir os pubs, as discotecas aínda non. Farano coas regras dos restaurantes, é dicir, nas fins de semana con certificado covid, máscara e ocupación limitada.

Tamén dende o domingo acaba o toque de recollida, pero non será ata setembro que deixará de ser obrigatoria a máscara na rúa. Calculan que en outubro alcanzarán o que chaman liberación total das restricións, cando se acaben os límites de ocupación, reabran discotecas e por suposto se elimine a máscara en interiores con máis do 80 por cento da poboación vacinada
 

Noticias web

30/07/2021