CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Portugal prohibirá os partidos de fútbol os días de eleccións

Publicado o 14/09/2017 15:10

Portugal prohibirá os partidos de fútbol nos días que se celebren eleccións. O goberno toma esta decisión despois de que houbera encontros deportivos nas dúas últimas eleccións e nas vindeiras municipais tamén. E a polémica xa está na rúa.

Esta é a noticia da que máis se fala hoxe aquí en Portugal: "O goberno vai prohibir os partidos de fútbol en días de eleccións". Ao igual que noutros países, aquí este deporte é case sagrado e esa é precisamente unhas das razóns polas que toman esta decisión, para non danar -din- a participación nas urnas. A Liga de Fútbol portuguesa marcara partidos nas lexislativas do 2015 e tamén nas presidenciais de 2016.

A pinga que colmou o vaso foi a convocatoria para o vindeiro domingo un de outubro, día das eleccións municipais, dun dos grandes encontros, o Sporting de Lisboa - Porto. Pola súa banda, o organismo deportivo excúsase dicindo que se ve presionado polo calendario de competicións europeas. Agora o goberno di que xa abonda, e estas son as opinións que recollemos hoxe na rúa.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí