CRTVG

Buscar

Portugal prohibe pescar sardiña os mércores

Publicado o 09/09/2020 15:33

Hoxe mércores en Portugal está prohibido pescar sardiña.

Queren estirar a cota ata outubro e así poder regular a oferta e valorizar a sardiña. En Galicia e no resto do Cantábrico o cupo  de 3.741 toneladas de produto esgotouse a mediados de xullo. Aquí  teñen opción a 12.706 toneladas e aínda dura, pero queren que chegue ata ben entrado o outono con esta idea de que os mércores os barcos da sardiña non saian faenar e así acontece por exemplo aquí nos portos do norte de Portugal. As autoridades pesqueiras portuguesas tomaron esta decisión ao ver que durante toda a campaña se estaba pescando o máximo permitido cada día. Esta situación daría problemas en outubro-novembro en canto ao redemento da actividade que intentan solucinar con que os mércores non se pesca polo que o xoves non haberá sardiña fresca nos mercados portugueses. 

 

Noticias web

09/09/2020