CRTVG

Buscar

Portugal prioriza o AVE no Eixo Atlántico sobre Lisboa-Madrid

Publicado o 26/10/2020 22:30

Portugal aprema a España para que se comprometa a acelerar a parte española do AVE Vigo-O Porto. O Goberno central non se pronunciou polo de agora, pero para o luso é prioritaria a liña de alta velocidade que os conecte con Galicia. O executivo portugués tamén revelou que o español lle impoñía a Portugal a conexión Lisboa- Madrid.

De feito, saíu á luz que houbo fortes desacordos durante o pasado cumio hispano-luso de hai 15 días por este asunto. A ministra de Cohesión Territorial, Ana Abrunhosa, dixo nun encontro na eurocidade Vila Nova de Cerveira-Tomiño que para eles o Eixo Atlántico é prioritario e non o é tanto a conexión Lisboa-Madrid e que así o expuxeron nas xuntanzas privadas no cumio. Abrunhosa revelou que o AVE entre as dúas capitais estaba sendo unha imposición desde o Goberno español, pero Portugal, polo de agora, rexeita esta conexión porque din que desde Lisboa poden ir en avión ata Madrid. 

 

 

Noticias web

26/10/2020