CRTVG

Buscar

Portugal prepárase para entrar no estado de emerxencia

Publicado o 06/11/2020 15:31

Este luns Portugal activará o seu estado de emerxencia. Haberá certo debate porque hai dous grupos parlamentarios que non están de acordo coas condicións do estado de excepción que propón o Goberno, pero conta cos votos dos tres principais partidos da oposición, así que está practicamente asegurado.

O estado de emerxencia, que é o equivalente ao estado de alarma español, comezaría a aplicarse o luns durante 15 días prorrogables e esta fin de semana un Consello de Ministros extraordinario concretará se se aplica en todo o territorio ou só nos 126 concellos aos que se lles pediu o confinamento voluntario, como aquí na cidade do Porto.

Tamén decidirán novas medidas das que non se sabe moito, pero é posible que aproben a obrigatoriedade de tomar a temperatura nos postos de traballo cada día co apoio xurídico que proporciona o estado de emerxencia. 

Noticias web

06/11/2020