CRTVG

Buscar

Restricións na fronteira galego-portuguesa en Tui

Publicado o 16/03/2020 11:28

A Garda Civil ha estableu un control no paso fronteirizo entre Tui e Valença (Portugal) en que se está restrinxindo o tránsito de vehículos, tanto na ponte internacional como no antigo viaduto que sortea o río Miño.

Axentes da unidade de seguridade cidadá da Garda Civil están a permitir o paso de camións, mentres que os vehículos están a detelos un por un e só están a deixar pasar os condutores profesionais ou a quen estea traballando. Os demais están a obrigalos a dar a volta.

Os controis están a xerar retencións de escasa entidade, dado que o volume do tráfico na autovía A-55 é moi inferior ao habitual nun día laborable.

Despois dunha chamada telefónica entre o primeiro ministro portugués, António Costa, e Pedro Sáchez hoxe van comunicar os detalles desa decisión que a poboación portuguesa leva días reclamando.

Os ministros do Interior decidirán hoxe cando comezan a aplicar estas medidas e en que van consistir os filtros que van colocar na fronteira terrestre, máis alá dos controis esporádicos que xa se están realizando e que consisten, por encuanto, en pedir a documentación.

O Goberno portugués xa adiantou que a fronteira estará pechada para visitantes. Nos filtros só pasarán os que traballen ao outro lado da raia e os transportes de mercadorías.

Con 245 afectados e ningún falecido, os cidadáns portugueses estanlle pedindo ao Goberno a través dos seus alcaldes que pechen a fronteira canto antes para deter o avance do virus.

Por outra banda, a noite pasada, o presidente da República, Marcelo Rebelo de Sousa, comunicou que o vindeiro mércores van decidir en Xunta de Goberno se elevan o nivel de alerta ao estado de emerxencia.

Noticias web

16/03/2020