CRTVG

Buscar

Portugal pídelle axuda á Unión Europea para combater os lumes forestais

Publicado o 13/08/2017 20:45

España xa respondeu mobilizando cara alá bombeiros, persoal da Unidade Militar de Emerxencias e dous avións

Portugal pediulle axuda á Unión Europea para combater os incendios forestais que afectan boa parte do seu territorio, en especial o centro do país. España xa respondeu mobilizando cara alá bombeiros, persoal da Unidade Militar de Emerxencias e dous avións que se suman á aeronave marroquí que xa colabora cos equipos portugueses.

O país veciño leva días superando marca en número de incendios. Onte contabilizaron 268. O vento forte e as temperaturas altas dificultan os labores de extinción. Nestes momentos preocupan en especial dous lumes no distrito de Santarém.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/08/2017