Portugal permite pouco a pouco o uso das praias
O Goberno aínda non ofreceu as directrices oficiais que se deben seguir nos areais portugueses, e tampouco deu o visto e prace para que se abrisen ao público. Aínda así, o concello de Povoa de Varzim, unha vila de veraneo a 90 quilómetros da fronteira, é a primeira en abrir as praias para lecer e facer deporte tanto na area como na auga.
Levaban pechadas dende o 14 de marzo e agora a Policía Local asegúrase de que bañistas e deportistas cumpran as normas impostas polo Concello: manter dous metros de distancia tanto na area como na auga e lavar as mans antes de entrar.
No entanto, sorprende que apenas limiten os grupos que poden vir e permancer xuntos. A normativa explica que poden ser ata 10 persoas. A semana que vén o Goberno comunicará as súas normas aplicables a todo Portugal e tamén suxerirá unha data para que o resto de concellos abran as súas praias.