Portugal pasa a ponte festiva sen clases e con confinamento domiciliario desde o mediodía
Publicado o 01/12/2020 15:32
Aproveitando que hoxe é festivo en Portugal, o Goberno resolveu pausar a actividade lectiva e decretar o confinamento domiciliario da poboación desde o mediodía.
Os cidadáns apuran os recados antes de que entre en vigor o confinamento domiciliario decretado polo Goberno nesta ponte festiva.
Sen comercio, sen hostalería, sen colexios. Todo pechado e cidadáns na casa desde as 13 horas e ata as 5 da mañá.
O confinamento perimetral de moitos concellos galegos tamén baleira os municipios do norte luso.
Co país en estado de emerxencia ata o vindeiro día 8, os plans para o Nadal están no aire, pero os cidadáns dan por feito que haberá pouca celebración.
Portugal achégase aos 300.000 contaxios desde marzo e supera as 4.500 mortes por coronavirus.