CRTVG

Buscar

Portugal non lle pon data á reapertura da fronteira

Publicado o 07/04/2021 17:04

Polo momento a fronteira manterase pechada ata o 16 de abril, cando o Goberno luso volva avaliar a súa situación. Sobre a medida non quixo pronunciarse o ministro de Interior portugués; iso si, advertiu de que o peche durará o tempo que sexa preciso.

Nos pasos abertos como o de Tui-Valença continúan pequenas ringleiras de vehículos que se forman cada día para pasar o control.

O peche da fronteira afecta os veciños de ambos lados da raia e sobre todo os comerciantes. Vémolo na tradicional feira de Valença, que este mércores se celebrou por primeira vez despois de máis de tres meses, con pouca xente pola ausencia dos galegos. Reclaman a apertura da fronteira para poder seguir vivindo dos seus negocios.

A medida de restrinxir o paso entre España e Portugal entrou en vigor o pasado 31 de xaneiro, desde entón só se pode cruzar cunha causa xustificada.

Noticias web

07/04/2021