CRTVG

Buscar

Portugal non alterará a vacinación con AstraZeneca

Publicado o 08/04/2021 15:07

As diferenzas de criterio para administrar a vacina de AstraZeneca tamén as atopamos cos nosos veciños portugueses. O executivo luso vai seguir co plan porque considera que non hai evidencias para restrinxir máis esta vacinación.

Portugal ten sempre a ollada posta en España e cando salta unha noticia de importancia coma esta eles adoitan facer unha reflexión. A ministra de Sanidade afirma que a decisión de España é por precaución e que aquí non se fará, primeiro porque sosteñen que non hai evidencias científicas suficientes para restrinxir a vacinación, e tamén porque Portugal é o país que está rexistrando menos reaccións adversas con AstraZeneca.

Xa hai voces críticas que aseguran que hai tantos atrancos coa vacinación en Portugal, que sería un gran problema para o plan do Goberno prescindir deste antídoto. 

Noticias web

08/04/2021