Portugal mantén o uso da máscara na rúa e o certificado covid nos hoteis
Neste primeiro de setembro moitos galegos regresan ao traballo despois das vacacións, pero tamén hai moitos que as comezan. Un dos destinos preferidos é Portugal, pero hai que ter en conta que seguimos en pandemia e existen restricións.
Hai restrición, aínda son poucas e tampouco crean grandes trastornos. Antes de nada hai que deixar claro que se pode entrar libremente en Portugal por terra, non hai controis nin se esixe ningún tipo de proba nin certificado de vacinación. Si a piden todos os días nos hoteis e tamén as fins de semana no interior dos locais de hostalaría. Serve o pasaporte covid ou unha PCR ou proba de antíxenos. Nas terrazas non hai restricións. O lecer nocturno segue pechado, non hai hora de recollida e a máscara segue sendo obrigatoria na rúa.