CRTVG

Buscar

Portugal mantén a fronteira pechada con España ata o 15 de xuño

Publicado o 14/05/2020 21:15

As fronteiras entre Portugal e Galicia son tan difusas como difíciles de atravesar. Estes dous veciños veñen de Chaves e ao outro lado espérannos os amigos de Oímbra. Pasan xuntos só uns minutos, como din, clandestinos como noutros tempos. O goberno portugués mandou pechar con muros de pedra e zanxas nas estradas todos os pasos fronteirizos, pero hai lazos din os veciños, que non se poden romper.

As relacións afectivas e comerciais son tan fortes entre os pobos transfronteirizos que mudalas de repente resulta imposible. Mesmo moitos teñen as terras de labranza ao outro lado. Incluso hai moitos portugueses que teñen médico en Galicia.

Din que xa é demasiado tempo mirándose por riba dun muro e xa pensan en facer unha festa. Pero haberá que bailar separados, polo menos ata o 15 de xuño.


 

Noticias web

14/05/2020