CRTVG

Buscar

Portugal limita o prezo do alugueiro a 675 euros para a clase media

Publicado o 12/06/2019 09:04

Portugal limita o prezo do alugueiro. Fixa un custo máximo en gran parte do país que non poderá superar os 675 euros para a clase media.

A normativa nova de alugueiro accesible entrará en vigor o un de xullo. Pretende limitar a inflación que sofre a vivenda arrendada pola presión turística e a chegada de traballadores.

O obxectivo do Goberno é frear a marcha dos residentes lusos á periferia, poñendo o alugueiro ao alcance da clase media.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/06/2019