CRTVG

Buscar

Portugal intensificará a loita contra a especulación inmobiliaria

Publicado o 12/09/2018 21:22

Portugal continúa coa súa loita para frear a especulación inmobiliaria. A esquerda e o goberno socialista negocian aplicar unha taxa para os que merquen e vendan unha vivenda nun curto período de tempo.

Bloco de Esquerdas e Executivo están en negociacións para aplicar esta taxa a persoas ou empresas que merquen unha propiedade e a vendan ao pouco tempo cun claro beneficio económico. Con este imposto pretenden frear a suba do prezo da vivenda e facilitar ao acceso ao portugués de a pé, non só aos estranxeiros ricos. Dentro da negociación está en definir e concretar que se consideraría lucrarse, cal sería o prezo que activaría esa taxa. 


Por certo que falar do Bloco de Esquerdas e especulación inmobiliaria lévanos a lembrar un dos maiores escándalos deste ano en Lisboa, cando se soubo que un edil deste partido mercara un piso na alfama por 350.000 euros e revendeuno aos poucos anos por 5 millóns e medio. O concelleiro viuse na obriga de dimitir e as cifras dannos unha idea da situación que vive Portugal co prezo na vivenda e especuilación

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/09/2018