CRTVG

Buscar

Portugal gaña Eurovisión e España queda última, con cinco puntos

Publicado o 14/05/2017 13:15

Por primeira vez na historia Portugal gañou Eurovisón. Salvador Sobral, sen artificio nin espectáculo na posta en escea, so coa súa voz cantando en portugués emocionou a toda Europa

Por primeira vez na historia Portugal gañou o Festival de Eurovisón. Salvador Sobral, sen artificio nin espectáculo na posta en escea, so coa súa voz cantando en portugués, non en inglés, emocionou a toda Europa. As redes sociais estiveron ao tanto tamén da actuación do español, Manel Navarro quen con desafinación incluído, quedou último. 

Votaban 42 países. España, co tema en inglés "Do it for your lover" conseguiu 5 puntos e quedou última. Non pasaba desde o 99. Manel Navarro remataba por todo o alto, literalmente. Desafinaba e as redes sociais multiplicaban o erro. 

O ano que ven, outro galo cantará. Este pasará á historia pola aparición dun espontáneo durante a actuación de Jamala Jamala. A gañadora ucraína do ano pasado nin se inmutou. Foi xusto antes de comezar as votacións que levaron ao adolescente búlgaro Kristian Kostov ao segundo posto e a Portugal ao primeiro, por primeira vez na súa historia.  

Porque todo o mundo coñece en Portugal a historia de Salvador Sobral. Cantou sen fogos de artificio, esos que tanto gustan neste concurso xa tan antigo, coa voz tranquila e co corazón en lista de espera dun transplante na sanidade portuguesa. 

Esta é unha vixtoria para a música con xente que fai que a música signifique algo. A músaica, engadiu, non son fogos de artificio senón sentimentos.    

Salvador é un músico de ascendencia jazzistica. O tema que cantou sobre o escenario de Kiev, 'Amar pelos dois', en portugués, non no novo esperanto que é o inglés, escribiuno a súa irmá.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/05/2017