CRTVG

Buscar

Portugal frea a desescalada e endurécense as restricións en Lisboa

Publicado o 25/06/2021 08:06

Portugal frea a desescalada prevista inicialmente para o vindeiro luns. As limitacións vanse endurecer en Lisboa. Restaurantes e comercios terán que pechar ás tres e media da tarde as fins de semana e mantense o peche primetral da área metropolitana.

Segue sendo obrigatorio o teletraballo. Este xoves notificárose dúas mortes e máis de 1.500 infeccións, unha cifra que non se alcanzaba desde febreiro. E a incidencia roza os 130 casos por 100.000 habitantes. A rexión de Lisboa acumula un terzo dos contaxios e a variante delta supón xa máis da metade dos casos.

 

Noticias web

25/06/2021