Portugal estuda pechar a cidade do Porto polo grande número de contaxios de coronavirus
En Portugal, o Ministerio de Sanidade expresou a súa intención de pechar a cidade do Porto, por ser a cidade con maior número de persoas con COVID-19. A esta idea oponse rotundamente o alcalde.
4.000 dos 6.500 casos positivos que hai en Portual están no norte do país, a grande maioría na cidade do Porto, que ten un área metropolitana de case tres millóns de habitantes.
Se pechan esta zona, a repercusión industrial sería moi grande. De momento, aquí o confinamento non é unha obriga, é unha recomendación.
Feito o anuncio do posible peche, xa chegou a polémica. O primero foi o alcalde do Porto, que cualificou a medida de disparate. Despois sumáronse os alcaldes da área metropolitana como Matosinhos ou Maia, que tamén se posicionaron en contra.
A ministra de Sanidade pretende facer o mesmo que xa fixeron coa cidade de Ovar, que foi pechada hai dúas semanas polo contaxio de tres familias enteiras. Coa medida lograron conter o andazo.