CRTVG

Buscar

Portugal estuda aplicar tres anos de prisión por matar un animal de compañía

Publicado o 10/06/2019 19:16

Tres anos de prisión por matar un animal de compañía. Esta é a pena de cárcere que Portugal estuda aplicar en breve. 

En Portugal dous animais de compañía son vítimas de malos tratos cada día segundo os oenegués do país. Dende o Parlamento hai vontade dende hai anos de atallar este problema e acaba de presentarse na Assembleia da República unha proposta de alteración do código penal para criminalizar a quen mate sen motivo lexítimo ao seu animal de compañía ou o de outra persoa.

Esa modificación suporía que o condenado por este delito poda ser castigado con ata 3 anos de cárcere e atención porque tamén se inclúe a tentativa de matar unha mascota.

A proposta vén da man do Partido Social Demócrata, que habitualmente non amosa inquietudes animalistas, e por iso foi tan ben acollida por parte da esquerda do parlamento. En Portugal foi histórica a lei do 2014 que criminalizou o maltrato animal no país.

Noticias web

10/06/2019