CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Portugal estuda a creación dunha taxa sobre a venda de vivendas cando se fagan pouco despois da compra

Publicado o 12/09/2018 15:28

O Bloco de Esquedas, un dos socios do Goberno socialista, negocia unha proposta nova co executivo para loitar contra a especulación inmobiliaria que sofren as cidades portuguesas. O Bloco propón a creación dunha taxa para as persoas ou empresas que merquen e vendan unha vivenda nun curto periodo de tempo e se lucren con esa operación. A gran loita na negociación co goberno está en definir e concretar que se consideraría lucrarse, cal sería o prezo que activaría esa taxa.

Por certo, que falar do Bloco de Esquerdas e especulación inmobiliaria lévanos a lembrar un dos maiores escándalos deste ano en Lisboa, cando se soubo que un edil dste partido mercara un piso na Alfama por 350.000 euros e revendeuno aos poucos anos por 5 millóns e medio. O cencelleiro viuse na obriga de dimitir e as cifras dannos unha idea da situación que vive portugal co prezo na vivenda e especuilación.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí