Portugal estrea toque de queda nas fins de semana entre protestas nas rúas
Publicado o 14/11/2020 21:37
En Portugal estrean este sábado un toque de queda nas fins de semana que recomenda nas rexións máis afectadas quedar na casa desde a unha da tarde.
Xusto a esa hora en Lisboa, os hostaleiros protagonizaban unha protesta para alertar dos prexuízos económicos da medida neste sector. Despois, rúas baleiras e comercios pechados. Nun vídeo gravado, o primeiro ministro António Costa, lembraba hoxe a gravidade da situación e pedía aos portugueses que cumpran as medidas. Ao mesmo tempo o seu Goberno anunciaba unha liña de axudas dirixidas a paliar as perdas na hostalería.