CRTVG

Buscar

Portugal escolle o presidente da República

Publicado o 24/01/2021 20:30

Os colexios electorais xa están pechados en Portugal, que hoxe rexistra un novo máximo diario de falecidos pola covid. En cuestión de horas saberemos o resultado e se o presidente actual repite no cargo ou os nosos veciños terán que volver votar nunha segunda volta. 

Antes da medianoite saberemos o resultado destas eleccións. As sondaxes seguen dando como favorito o actual presidente, Marcelo rebelo de Sousa, e ademais coa suficiente vantaxe, superior ao 60 %, como para non ir a unha segunda volta.

Os portugueses escollían este domingo xefe de Estado, o presidente da República, para os vindeiros 5 anos en pleno confinamento xeral e cos peores datos de coronavirus do mundo. A abstención esta sendo o temor máis grande, pero o último dato indicaba que a participación só é lixeiramente menor.

Foi unha xornada fortemente marcada polas medidas de seguridade covid; de feito, púxose a disposición do cidadán un despregamento de medios e colexios electorais sen precedentes, o que non evitou que se formasen ringleiras moi longas, de máis dun quilómetro, en cidades como Braga. 

 

Noticias web

24/01/2021