CRTVG

Buscar

En Portugal xa hai 62 casos confirmados de sarampelo e están en alerta polo brote

Publicado o 22/03/2018 09:48

O brote de sarampelo en Portugal continúa sumando máis casos. Nas últimas horas rexistráronse 8 novos positivos. Hai 62 casos confirmados e non paran de chegar cidadáns aos hospitais cos síntomas de padecer sarampelo case todos aquí no Porto. Doentes que son inmediatamente illados e en proceso de diagnose. Concretamente agora mesmo hai 30 casos en estudo. O aumento repentino das últimas horas puxo en alerta os hospitais do norte do país. O centro sanitario con máis doentes é este de San Antonio, no centro da cidade, onde xa levan varios días aplicando un protocolo especial. A estas horas aínda preocupa o estado de saúde dun bebé de 12 meses ingresado nun hospital de Vilanova de Gaia infectado de sarampelo. O ano pasado un andazo semellante a este cobrou a vida dun mozo de 17 anos.

Noticias web

22/03/2018