CRTVG

Buscar

Portugal, en alerta pola falta de combustible nas estacións de servizo

Publicado o 17/04/2019 17:21

Portugal vive unha situación caótica pola folga dos transportistas de combustible. En todo o país xa hai máis de 655 estacións de servizo sen subministración.

O Goberno decretou servizos mínimos para garantir o abastecemento de hospitais, servizos de seguridade e protección civil.

Os condutores reclaman o recoñecemento dunha categoría profesional específica. 

Noticias web

17/04/2019