CRTVG

Buscar

Portugal, elixido un ano máis como o destino favorito dos europeos

Publicado o 24/03/2021 21:28

E que realmente non teñen que vir o resto de europeos dicirnos aos galegos que Portugal é un bo destino. De feito, hai moitos con gran pena porque durante a Semana Santa non van poder cruzar a raia e visitar lugares tan emblemáticos como esta Ribeira do Porto.

A páxina web European Best Site Destinations outórgalle a Portugal, outro ano máis, a distinción de destino preferido polos europeos despois de rexistrar as preferencias de máis de 6 millóns de usuarios. Destacan deste país as cidades de Braga e a do Porto, as praias do Algarve e A Madeira e Os Azores como destinos obrigados.

Nesta listaxe Francia quedou segunda e Grecia, terceira.

Noticias web

24/03/2021