CRTVG

Buscar

Portugal cría coello salvaxe, alimento vital para a supervicencia do lince ibérico

Publicado o 04/06/2019 17:06

Desde hai anos, España e Portugal traballan conxuntamente na protección do lince ibérico. Agora dan un paso máis. Para que non desaparezan e poidan vivir sen vixilancia teñen que protexer outra especie, o tipo de coello do que se alimenta.

O lince ibérico cando está en liberdade aliméntase case exclusivamente de coello salvaxe, e esta especie tamén está ameazada. Así que, se queremos que o gran felino non se extinga e non dependa dos coidados dos biólogos, hai que garantir a existencia deste tipo de coello. Para iso, os responsables do programa Pro-Iberlinx crían en casetas coellos salvaxes sans que logo introducen nas áreas onde se soltaron linces ibéricos.

O principal obxectivo é que os felinos deixen a comida que lles dan os criadores e que eles comecen a cazar. O lince ibérico é o felino máis ameazado do mundo, só hai arredor de 700 exemplares, por iso que cada idea que se leve adiante é tomada con entusiasmo pola comunidade científica.








 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/06/2019