Portugal considera prioritaria a alta velocidade entre O Porto e Vigo
Publicado o 09/12/2020 15:29
Portugal considera prioritaria a alta velocidade entre O Porto e Vigo e xa anunciou que a partir de 2021 investirá 900 millóns para arrancar o proxecto ferroviario.
Traballan co horizonte do ano 2030, para sacar adiante a liña que unirá Lisboa, O Porto e Valença do Miño, coa vista posta en Vigo.
O percorrido inclúe o aeroporto de Sá Carneiro e prioriza o treito Valença-Braga.
O obxectivo é a construción dunha liña de vía dobre, que permita cubrir o percorrido entre O Porto e Vigo en menos dunha hora, fronte ás dúas horas e 20 minutos que tardan actualmente os trens Celta.
A aposta de Portugal con Galicia contrasta coa do Goberno de España onde a saída sur segue sen presuposto, sen prazos e sen proxecto.