CRTVG

Buscar

Portugal estuda enviar doentes de covid−19 ao estranxeiro polo colapso dos hospitais

Publicado o 26/01/2021 20:16

O Goberno de Portugal acaba de anunciar que  próxima semana comezarán a ser vacinadas as persoas maiores de 50 anos que sexan de risco. Hoxe no país veciño cumpríronse os peores prognósticos. A sanidade portuguesa está colapsada de facto. A ministra da Saúde recoñecía na televisión pública a catástrofe e xa se considera a posibilidade de trasladar os doentes máis graves fóra do país.

Foi no informativo matinal da RTP. A ministra da Saúde Marta Temido explicaba que o Goberno xa estuda camiños para trasladar doentes ao estranxeiro. Os hospitais están colapsados, sobre todo na zona de Lisboa e no norte. Por proximidade xeográfica é de supoñer que sexa España a opción; agora, hai que agardar con que comunidade chegan a acordos para o traslado dos doentes máis graves.

O estado da rede de hospitais é a consecuencia final duns datos que non teñen igual en Europa e son dos peores do mundo. Mentres, a pobociación segue sen apoiar o confinamento xeral, en boca do propio Goberno.

Sete de cada dez concellos do país están no nivel máximo de contaxios. Nos últimos días sumáronse 60 municipios máis, é unha suba do 40 % en comparación coa semana anterior, é dicir, o confinamento non funciona e a transmisión comunitaria é tan preocupante que un de cada tres positivos non sabe que está infectado.

 

Máis sobre actualidade