CRTVG

Buscar

Portugal comezará a recibir viaxeiros vacinados a partir da semana que vén

Publicado o 09/06/2021 20:51

Portugal busca formas de recuperar o seu turismo tras a decisión do Reino Unido de non incluír o país na lista de destinos seguros. Buscan outros mercados mentres non se implementa o pasaporte de vacinación europeo.

A estampida de británicos desta semana deixou o turismo portugués profundamente preocupado. Portugal abrirase aos visitantes que cheguen cun certificado de vacinación xa a partir da semana que vén, gañando así dúas semanas antes de que o 1 de xullo entre en vigor o pasaporte de vacinación para os europeos.

Os Estados Unidos é un destes mercados. Esperan así recuperar o tempo perdido e que os turistas cheguen a lugares máis alá do Algarve e Lisboa, como a esta cidade de Aveiro, turística, pero unha segunda opción para os que visitan Portugal. 

Noticias web

09/06/2021