CRTVG

Buscar

Portugal chora a perda dunha das súas maiores figuras literarias, a escritora Agustina Bessa-Luís

Publicado o 04/06/2019 21:38

Portugal chora hoxe a perda dunha das súas maiores figuras literarias, a escritora Agustina Bessa-Luís. O país está en loito oficial.

Hoxe, na catedral do Porto miles de autoridades e veciños da cidade despediron a Agustina Bessa-Luís, que morreu na súa casa do barrio de Campanhá aos 96 anos. A autora de A sibila, a súa obra cumio, escribiu máis de 50 títulos entre novelas, contos e obras de teatro. A gran dama da escritura portuguesa, que así a chaman aquí, estaba afastada da vida pública dende o 2006, dous anos despois de recibir o Premio Camões, o maior recoñecemento das letras portuguesas.

Non hai premio e condecoración da cultura que non recibira e como curiosidade da súa vida, Bessa-Luís coñeceu o seu marido a través dun anuncio nun xornal en que dicía que buscaba "unha persoa culta para establecer correspondencia". Ela e o avogado Alberto Luís estiveron casados 71 anos.


 

Noticias web

04/06/2019