CRTVG

Buscar

Portugal certifica o Camiño Interior a Santiago

Publicado o 20/10/2021 21:42

Portugal acaba de oficializar un novo Camiño a Santiago, o Camiño Interior. O pasado mes de marzo certificaban o do Alentexo e agora só lles falta o da Costa.

O Camiño Interior Portugués comeza en Viseu, pasa por Vila Real e continúa ata a fronteira, ata Chaves, preto de Verín. Son 214 quilómetros nos que destaca alto valor natural das paisaxes e rutas. De feito este é o camiño que cruza o excepcional Alto Douro Viñateiro, Patrimonio da Humanidade.

Asociacións de Amigos do Camiño, os concellos polos que pasa esta ruta e a Dirección Xeral de Turismo certificaron este camiño transitado sobre todo por Portugueses e andaluces. E que significa esta certificación? Pois que dende xa será incluído nos itinerarios xacobeos e contará cunha partida económica para o seu acondicionamento e a súa promoción. 

Noticias web

20/10/2021