Portugal celebrará o 25 de abril dende as fiestras
Publicado o 24/04/2020 16:14
Pois como non poden saír á rúa cos caraveis a celebrar, farano dende as fiestras cantando o himno desta celebración da liberación da ditadura salazarista. Todos os portugueses están chamados a cantar o Grándola mañá, 25 de abril, ás 3 da tarde. Vai ser unha imaxe emocionante que esperamos llela poidamos ofrecer no Telexornal serán de mañá.
O que si se van celebrar case coma sempre son os actos institucionais na Assembleia da República en Lisboa. Será unha versión reducida para poder manter a distancia social. Asistirán 70 dos 230 deputados, uns cantos membros do Goberno e xornalistas e un centenar de traballadores. En total, unhas 300 persoas. Será o acto máis multitudinario que se celebre dende que comezou a crise do coronavirus.