CRTVG

Buscar

Portugal busca criar sardiñas en catividade

Publicado o 07/05/2019 16:06

Portugal está a piques de conseguir criar sardiña en catividade. Isto solucionaría parcialmente a escaseza nas peixerías e axudaría, por outro lado, a que a especie, seriamente en perigo, se recupere no mar. 

Para os portugueses a sardiña é importantísima. Dende os 90 roldaba esta idea de criala en piscifactoría, pero despois do serio aviso dos biólogos mariños de hai 5 anos comezaron as investigación a toda máquina. O xuño pasado houbo unha grande crise ademais que case deixa sen sardiña aos portugueses polo San Antonio e polo San Xoán.

Pois ben, a Universidade do Porto e unha estación de piloto de cría de especies do Algarve lograron descifrar o xenoma da sardiña e grazas a iso están a piques de conseguir que naza, medre e se reproduza en catividade.

Desde o Ministerio do Mar din que que chegue as peixerías será posibe a medio prazo. Isto significaría un fito semellante ao que conseguiron no Instituto de Oceanografía de Vigo co polbo. As dúas son especies case imposibles de criar en piscifactoría, pero grazas á ciencia será unha realidade.

 

Noticias web

07/05/2019