CRTVG

Buscar

Portugal autoriza a venda de autotests de antíxenos nos supermercados e hipermercados

Publicado o 15/07/2021 20:46
Portugal autoriza a venda de autotests de antíxenos nos supermercados e hipermercados

Portugal autorizou a venda dos autotests de antíxenos en todos os supermercados e hipermercados do país. A intención é testar o maior número posible de xente posible para frear o avance da variante delta da covid, que supón o 100 % dos novos casos e ten unha incidencia de 369 casos por 100.000 habitantes. Nas últimas horas faleceron en Portugal cinco persoas por coronavirus, detectáronse máis de 3.600 positivos e hai  774 internados nos hospitales lusos, 174 nas UCIS.

Noticias web

15/07/2021