CRTVG

Buscar

Portugal aumenta de 121 a 191 os concellos coas medidas máis duras a partir do luns

Publicado o 13/11/2020 15:39

En Portugal tamén se poñen ríxidos coas restricións, algo que afecta os galegos da raia.

A segunda onda en Portugal xa é máis grave que a primeira. Dino os datos, con máis falecidos, pero tamén o recoñece o Goberno luso.

Aínda que hai que lembrar que realmente na primavera Portugal foi un dos países que menos sufriu o inicio da pandemia, pero agora, si, están a bater récords diarios de falecidos cada pouco.

Con estes datos na man, o Consello de Ministros aumentou de 121 a 191 os concellos coas medidas máis duras da pandemia, como o toque de queda.

Os novos municipios non entran ata o luns nesa lista, así que esta fin de semana en 121 concellos en que viven 7 millóns de habitantes só poderán saír da casa de oito da mañá a unha tarde.

Máis alá desa hora todo pecha, e todos na casa coa advertencia de que as forzas de seguridade patrullarán as rúas.

Son 4 os municipios en vermello que lindan con Galicia: Caminha, Cerveira, Chaves e Valença do Minho.

As fronteiras non estarán pechadas, pero os galegos debemos respectar ese toque de queda imposto polo Goberno luso.

Noticias web

13/11/2020