CRTVG

Buscar

Portugal arrastra o caos nos aeroportos que cancelou máis de 700 voos na fin de semana

Publicado o 19/07/2021 15:46

A paralización desta fin de semana foi tan contundente que hoxe continúan a ser cancelados e atrasados ducias de voos. Centos de persoas reclaman ser incluídas nos voos canto antes para volver ás súas casas ou non perder máis días das súas vacacións. Pero hai moito que resolver. Só no aeroporto do Porto están amoreadas as maletas de case 500 voos, así que por diante queda moito traballo que se ten que facer nas vindeiras horas. Os traballadores din que a normalidade non se alcanzará ata dentro duns días.

Máis de 700 voos cancelados que deixaron en terra miles de pasaxeiros nunha das fins de semana de máis trasfega do ano. A reclamación, unha vella coñecida en Portugal, o atraso dos pagamentos.

Hoxe no Porto, sen folga, pero co aeroporto sumido no caos, é o momento das reclamacións.

Empresa e sindicatos non chegaron a acordo e xa hai convocada outra folga para dentro de dúas semanas onde se verán, se non o arranxan, imaxes coma estas de novo.
 

Noticias web

19/07/2021