CRTVG

Buscar

Portugal arrasa, un ano máis, nos premios do turismo europeo

Publicado o 11/06/2019 21:46

Portugal arrasa, un ano máis, nos premios do turismo europeo. Gañou varios dos recoñecementos máis prezados. E xa van tres anos consecutivos sendo o país máis eloxiado.

Na edición europea dos World Travel Awards, os denomiandos óscars do turismo, Portugal foi escollido como mellor país a visitar. En total concedéronlle 39 galardóns, 3 máis ca o ano pasado. O mellor destino insular, para A Madeira; mellor destino de praia, para O Algarve; mellor cidade para escapadas, Lisboa; mellores cruceiros fluviais, para O Porto, e así ata 39.

A cidade gañadora destes premios como mellor destino foi San Petersburgo. España foi recoñecida con 12 premios, a gran maioría a hoteis do Mediterráneo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/06/2019