CRTVG

Buscar

Portugal aproba unha lei para multar con ata 250 euros a quen tire cabichas ao chan

Publicado o 10/09/2019 16:29

Ata o de agora, igual ca en España, os concellos podían contar con normativas para multar a quen ensuciase o chan, pero non había unha lei así específica para as cabichas. Segundo o texto, vaise multar con sancións que oscilan entre os 25 e os 250 euros.

Con esta medida queren acabar coa imaxe desagradable de restos de cigarros no chan e tamén co problema medioambiental que supoñen. O filtro dunha cabicha tarda ata 10 anos en desaparecer se se deixa, por exemplo, tirada nun xardín.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/09/2019