CRTVG

Buscar

Portugal alcanza o seu máximo diario de casos tras notificar máis de 4.000

Publicado o 29/10/2020 21:23

Os modelos de predición da incidencia do coronavirus en Portugal dan un escenario grave para a semana que vén. Os datos de hoxe avalan esa tendencia e alcanzouse máximo diario de casos no país veciño dende o inicio da pandemia.

Portugal cruza a barreira dos 4.000 e contabilízanse 4.244 casos novos e 33 falecidos. As previsións que comunicou o Goberno luso son preocupantes e agárdase chegar aos 7.000 casos diarios a estas alturas da semana que vén.

No norte é onde están todas as miradas postas porque será segundo os estudos onde a situación sexa máis perigosa.

É por iso que o alcalde da cidade pediu que se active xa o estado de emerxencia no país, o equivalente o estado de alarma español, e poder pechar a cidade do Porto con todas as garantías.

O sábado celébrase un Consello de Ministros extraordinario que decidirá novas medidas.

Ademais, desde as doce desta noite e ata o martes, Portugal cerra perimetralmente todos os seus concellos e os galegos só poderán ir ao país veciño por motivos xustificados.

Noticias web

29/10/2020