CRTVG

Buscar

Portugal alcanza o índice de contaxios máis baixo de Europa

Publicado o 23/02/2021 15:29

Portugal mira xa cara ao horizonte da normalidade despois dun dos desastres sanitarios máis grandes da súa historia. Coa curva totalmente aplanada, o cansazo dos seus sanitarios é notable. Tanto é así que un de cada cinco sofre depresión.

É o que di un estudo recente do Ministerio da Saúde. Portugal rexistra as mellores cifras de positivos desde hai máis de 3 meses e ten o índice de contaxios máis baixo de Europa. O mes de xaneiro será difícil de esquecer para os familiares das vítimas, para os doentes e tamén para os sanitarios. 

Dous profesionais da UCI do hospital do Porto din que comprenden que se fale dunha guerra e que compañeiros sufran depresión. Din que apoiándose os uns aos outros saíron adiante durante a peor terceira onda do mundo. 

 

Noticias web

23/02/2021