CRTVG

Buscar

Portugal admite un erro no reconto de infectados e retira a intención de pechar a cidade do Porto

Publicado o 31/03/2020 21:30

O Ministerio de Sanidade de Portugal admite un erro no reconto de infectados por coronavirus e retira a intención de pechar a cidade do Porto. 

Rui Moreira, o alcalde do Porto, cualificara de disparate a proposta da ministra de Sanidade de pechar a cidade do Porto. O Ministerio baseábase nos datos do luns pasado para decidir ese peche porque advertiron un aumento salientable. Pero esta tarde recoñeceron que houbo un erro. Sumáronlle ao concello do Porto non só os seus infectados da fin de semana, senón tamén os de toda a rexión norte. Así que nun principio a idea de pechar O Porto como fixeran coa cidade de Ovar, con moi bos resultados, por certo, queda fóra da mesa. Iso si, esta rexión norte ten o 60% de positivos en coronavirus mentres que o sur atención, o Alentexo e o Algarve non chegan nin ao 3%.

Por outro lado, hoxe tamén soubemos que o mozo de 14 anos falecido a fin de semana en Santa María da Feira non morreu a causa da COVID-19, senón que a autopsia revelou que faleceu por meninxite e deu a casualidade de que estaba infectado de coronavirus, pero sen síntomas. O virus non agravou a doenza, así que retirouse o seu falecemento do reconto de vítimas da COVID-19 en Portugal, que a estas horas é de 160 mortes. 

 

 

Noticias web

31/03/2020