CRTVG

Buscar

Portos de Galicia flexibiliza o pagamentos de taxas aos seus usuarios

Publicado o 06/04/2020 14:42

Portos de Galicia flexibiliza o pagamento de taxas nos peiraos autonómicos. Pretende aliviar a situación económica dos seus usuarios para que poidan manter a actividade cando remate esta crise. A conselleira do Mar informou a Federación Galega de Confrarías e a Asociación de Depuradores de Marisco das medidas aprobadas. Amplían ata finais de mes o prazo voluntario de pagamento de impostos vencidos.

Rosa Quintana explica que "a maiores tamén tomamos a decisión de que aquelas taxas que aínda non se devengaron. É dicir, aqueles servizos que aínda se están realizando nestes momentos se atrasará a emisión das facturas correspondentes ata dous meses despois de que finalice o estado de alarma en que se atopa este país".

 

Noticias web

06/04/2020